actividades

10.000 sinaturas para o Estatuto de Artista

Desde A Colectiva celebramos que, tras a participación de Unión AC en ARCO, se acadase a importante cifra de 10.000 sinaturas no manifesto que reivindica as medidas necesarias do Estatuto do Artista.

Este hito mostra o apoio social das nosas reivindicacións, tanto dentro como fóra do sector, o que nos dá forzas para avanzar na negociación das súas medidas.

Durante os días de feira, o stand converteuse nun espazo de encontro para conversar sobre as condicións laborais do sector, compartir experiencias e seguir impulsando reivindicacións colectivas. Tanto artistas como outras profesionais da cultura, así como público xeral, achegáronse para obter información sobre a campaña, defendela e reclamar mellores condicións para o traballo artístico.

Grazas a todas as persoas que participaron, difundiron a campaña e axudaron a que as nosas demandas sigan gañando forza.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.