actividades

A Colectiva: actividades e premios en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea 2021

Venres 22 de Outubro de 2021 ás 20:00 Domingo 31 de Outubro de 2021 ás 22:00

O INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo e A Colectiva organizaron un ano máis unha Mesa Colectiva e unha masterclass con Antoni Muntadas na AulaAColectiva. Así mesmo a nosa asociación segue a apostar polo apoio a creación co Premio A Colectiva.

Actividades e premios en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea 2021

O INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea e A Colectiva organizaron un ano máis unha MESA COLECTIVA e unha masterclass con Antoni Muntadas na AulaAColectiva. Así mesmo a nosa asociación segue a apostar polo apoio a creación co PREMIO A Colectiva.

A Colectiva continuou o seu labor en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea celebrado en A Coruña, na sede da Fundación Luis Seoane, do 22 ao 31 de outubro deste ano 2021.

Por cuarto ano consecutivo participou coa Mesa Colectiva, nesta edición analizouse a situación da arte no contexto da pandemia, e cunha masterclass na AulaColectiva co artista catalán Antoni Muntadas. Ademais disto consolidouse o Premio A Colectiva dotado con 500 euros. Unha aposta forte para premiar a creación de arte audiovisual en Galicia.

INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo focaliza a súa programación en obras que se atopan no cruce da arte contemporánea e o cinema de vangarda, abranguindo unha grande variedade de formatos, técnicas e linguaxes.
Tras tres exitosas edicións, celebradas en 2018, 2019 e 2020, INTERSECCIÓN xa está consolidado coma encontro para a comunidade artística e o público. Polo festival pasaron artistas como Salomé Lamas, Dora García ou Tatiana Macedo e nel téñense proxectado obras de artistas internacionais coma J.P. Sniadecki ou Kevin Jerome Everson e galegas coma Juan Lesta e Belén Montero, Carla Andrade, Ignacio Pardo, Eduardo Valiña, Lara e Noa Castro, Carme Nogueira, Edu Fernández, Vicente Vázquez, Verónica Vicente ou Alberte Pagán.
Ademais das proxeccións, exposicións e performances, INTERSECCIÓN complétase con actividades de formación e de diálogo cos diversos públicos, entre os que se atopan investigadoras, galeristas, comisarias e demais profesionais, así coma a cidadanía en xeral.

MESA COLECTIVA
Modelos de Xestión en positivo
A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, naceu coa vontade de dar unha voz á comunidade contemporánea de artistas nados en Galicia ou que desenvolven a súa actividade neste territorio. Algúns dos nosos obxectivos son fortalecer o tecido profesional, analizar o sistema produtivo ou xerar coñecemento específico para o sector artístico e cultural.
Na Mesa Colectiva desta edición tratouse a situación da arte no contexto da pandemia en diálogo con Alejandro Romero (Xefe de Actividades Culturais e Audiovisuais), Chema González (coordinador do Pabellón de España na Bienal de Venecia) e Leonor Lloret (comisaria en Appleton Square).
Moderou a artista Ruth Montiel, vogal de A Colectiva.

MASTERCLASS AULACOLECTIVA
Antoni Muntadas. A construcción do medo
Antoni Muntadas reflexionou nesta masterclass sobre a idea de medo, un concepto amplamente explorado ao longo do seu traballo que garda relación con filmes presentes en INTERSECCIÓN como “On Translation: Fear/Miedo" (2005) ou “On Translation: Miedo/Jauf” (2007). Todo isto lévanos a preguntarnos polos relatos hexemónicos, a relación có poder e a violencia e como se vai articulando un imaxinario colectivo vencellado a variadas formas de comunicación. As tensións sociais, as fronteiras, a política ou a propia linguaxe forman parte de toda esta engrenaxe expresada en diferentes esferas sociais.
Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas.
Apoia: Institut Ramon Llull.

PREMIO A COLECTIVA

Palmarés
O Premio de 500 euros de A Colectiva da sección Galicia foi otorgado á obra Tenerife, de Carme Nogueira. O xurado composto por Ana Cabanes, Iria Vázquez e Edu Fernández.
Mención especial do xurado de A Colectiva a:
 "!DocType html", de Blanca Rego, “El cansancio tiene un gran corazón” de Acacia Ojea e a “Hauntopolis” de Santiago Talavera.
Podes ampliar esta nova na entrada PALMARÉS NO FESTIVAL INTERSECCIÓN, CARME NOGUEIRA FAISE CO PREMIO DE A COLECTIVA

Fonte principal e información sobre os eventos: http://interseccion.gal

Antoni muntadas

Antoni Muntadas

AulaAColectiva. Masterclass

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.