actividades

Encontro en Agolada

Sábado 13 de Abril de 2019 ás 10:00 Sábado 13 de Abril de 2019 ás 22:00

Encontro entre artistas en Agolada (Pontevedra) onde fumos convidad@s polo Colectivo Baluarte dos Pendellos.

Encontro en Agolada

O pasado día 13 de abril estivemos en Agolada (Pontevedra). Fumos convidad@s polo Colectivo Baluarte dos Pendellos pasando o día entre amig@s e cultura.

A visita tivo como obxecto o coñecemento das instalacións do conxunto histórico-artístico Os Pendellos de Agolada, un mercado do século XVIII que se conserva en grande extensión. O mercado ten diversas construcións abertas onde se expoñían as mercadorías, pero tamén conta con construcións con distintas capacidades que están acondicionadas para expoñer, dar obradoiros, proxectar ou simplemente baleiras (a instalación de luz e chaves que gárdanse no Concello). Ao conxunto súmanse, un comedor, con cociña moderna e mesas, unha capela secularizada, e baños para home e muller. Se ben, algúns pendellos non son completamente estancos, outros están totalmente aislados polo que o seu uso presenta moitas posibilidades.

Nos Pendellos de Agolada, celébranse varias actividades no verán, como o Encontro Profesional e Mostra de Artesanía, ou o campamento musical coa Escola de Música de Agolada onde se fan distintas propostas como percusión, bandas, etc. ao redor da música. Desde o Concello están á procura da dinamización do seu patrimonio e do sector turístico, polo que están atentos ás propostas que desde A Colectiva se lle poidan achegar.

Durante a xornada, achegámosnos á Igrexa de San Xulián de Ventosa, Vidueiros, Castelo de Pambre e ao Pazo de Eidián. Non realizamos o roteiro de Sobreiral por causa da choiva.

O noso sincero agradecemento a Luis Viñas e Manolo Bustos por relatarnos e amosarnos tantas cousas belas, e as demais persoas do Colectivo Barluarte que nos acompañaron, así como ao equipo do Concello e ao seu alcalde Ramiro Varela por darnos a benvida.

Tamén queremos agradecer a asistencia das persoas integrantes de A Colectiva e familiares e amig@s.
Repetiremos experiencia.

#Agolada #PendellosdeAgolada #BaluartedosPendellos #encontroAColectiva #CastelodePambre #AColectiva #corazóndeGalicia #ColectivoBaluartedosPendellos #mercado #artecontemporánea

Máis información:
https://www.facebook.com/baluartedospendellos/

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.