Formación A Colectiva en Intersección: Aula e Mesa
Venres 25 de Outubro de 2019 ás 12:00 Venres 25 de Outubro de 2019 ás 20:00
A Colectiva, asociación profesional de artistas de Galicia, participou por segundo ano consecutivo en INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneocoa ”Mesa Colectiva”, onde se falou de modelos e políticas de apoio á creación da arte audiovisual para contrastar e identificar problemas, e buscar mellores camiños para que a arte audiovisual galega prospere e se consolide e nunha aposta pola formación cunha masterclass na “AulaColectiva”.
INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo
A Fundación Luis Seoane acolleu a segunda edición de INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, un espacio dirixido polo asociado de A Colectiva, Gonzalo E. Veloso que busca dar visibilidade a obras elaboradas por artistas locais, nacionais e internacionais que se sitúan á marxe da industria cinematográfica tradicional e que manexan códigos estéticos e procesos de creación innovadores.
Este ano A Colectiva, asociación profesional de artistas de Galicia, participou en INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo coa ”AulaColectiva”, unha aposta pola formación, cunha masterclass de Dora García.
Tamén houbo continuidade coa ”Mesa Colectiva”, onde se falou de modelos e políticas de apoio á creación da arte audiovisual para contrastar e identificar problemas, e buscar mellores camiños para que a arte audiovisual galega prospere e se consolide. A mesa contou coa presencia e participación do asociado director e realizador de vídeo Juan Lesta como moderador, coa comisaria e galerista Chus Villar, co programador, escritor e historiador da arte Jaime Pena e coa profesora, directora e artista Olaia Sendón.
Ademáis INTERSECCIÓN contou con numeros@s artistas de A Colectiva para impartir obradoiros, como o de Félix Fernández e Enrique Lista; ou ben na sección Galicia, con pases de pezas de Carme Nogueira, Lara Castro, Noa Castro, Edu Fernández, Iria Vázquez, Iago Eireos ou Cillas Rodríguez.
Máis información en: https://interseccion.art