actividades

Presencia no CULTURGAL 2021

Venres 26 de Novembro de 2021 ás 13:00 Domingo 28 de Novembro de 2021 ás 22:00

Participamos no Culturgal por partida dobre: cun STAND no Espazo de Arte Contemporánea e cunha mostra na que participaron 27 artistas da asociación e coa ACTIVIDADE “Encontro coa Colectiva. Contextos Presentes; A práctica artística en Galicia” dirixida ao alumnado de Belas Artes e a público en xeral.

Presencia no CULTURGAL 2021

Participamos no Culturgal por partida dobre: cun STAND no Espazo de Arte Contemporánea cunha mostra na que participaron 27 artistas da asociación e coa ACTIVIDADE “Encontro coa Colectiva. Contextos Presentes; A práctica artística en Galicia” dirixida ao alumnado de Belas Artes e a público en xeral.

Este ano 2021, achegámonos ao Pazo da Cultura de Pontevedra para participar no Culturgal por partida dobre:

Co STAND no Espazo de Arte Contemporánea cunha mostra na que participaron 27 artistas da asociación. Unha oportunidade de coñecer de primeira man e a través de diversxs  artistas, que pasaron e atenderon ao público no stand, os obxectivos, actividade e traxectoria da asociación.
Así o día 27 estiveron presentes artistas como @alejandrapardo @luagandara @albertoardid e @mariaxfernandez.

Na mostra participaron @s artistas:
LUCÍA ROMANÍ
NOLO SUÁREZ
ANTÍA SÁNCHEZ
LADISLAU DA REGUEIRA
ANA SOLER FERNÁNDEZ
DELIO SÁNCHEZ
MARIA X. FERNÁNDEZ
ALBERTO PENA
LÚA GÁNDARA
ALEJANDRO REGO
GEMA LÓPEZ
JESÚS CABALLERO VARELA
MONICA MURA
ALBERTO ARDID
MARIA MAGÁN
ÓSCAR CABANA
BEGO PIÑÓN
JAVIER FERNÁNDEZ PÉREZ DE LIS
EUGENIA CUELLAR
ACACIA OJEA
ÁNXELA MARIÑO
VENTURA A. PÉREZ
SOFÍA PIÑEIRO
ALEJANDRA PARDO
ANDREA COSTAS
MARIA MEIJIDE
IRIA VÁZQUEZ
Podes atopar información delas e deles na sección da web:
http://acolectiva.org/asociados_as

Coa ACTIVIDADE “Encontro coa Colectiva. Contextos Presentes; A práctica artística en Galicia” dirixida ao alumnado de Belas Artes e a público en xeral, no que se afondou no contexto e situación da práctica artística en Galicia, así como, nos diferentes camiños e saídas do grao en Belas Artes, a través do achegamento a obra e experiencia de varixs artistas da asociación.
O día 28 tivo lugar este encontro ás 13:00h no Espazo de Arte Contemporánea

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, é unha plataforma de representación e defensa dos dereitos e intereses das/os artistas vinculadas/os a Galicia, constituída en 2016. Entre os seus principais fins se atopan a promoción e profesionalización do sector artístico galego, a mediación e interlocución institucional, a colaboración con outros colectivos e reforzamento de tecido cultural.

Presentou e moderou a Presidenta Iria Vázquez.
Artistas participantes: Lucía Romaní, Javier Fernández de Lis e Ventura A. Pérez entre outrxs moitxs artistas da asociación cos que se pudo conversar.

Máis info sobre Culturgal

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.