Foto

Oliver Alonso

Oliver Alonso Fernández, Vigo (Pontevedra)

Arte conceptual Fotografía Instalación Escultura Otro

Nado en Vigo (1995). Sempre interresado pola arte dixital e tecnolóxica, tanto como artista como investigador. Graduado en 2018 en Belas Artes pola Universidade de Vigo, viaxei a Mánchester (Rino Unido) en 2019, onde realicei o Máster en Produción de Arte Contemporánea na Manchester Metropolitan University. Tras varias exposicións virtuais (así realizadas pola situación de pandemia), voltei a España a finais de 2020 para comezar en 2021 a miña tese doutoral na Universidad Complutense de Madrid. É a través de esta tese, dirixida pola profesora Elena Blanch González, estudo o actual auxe e innegable volatilidade da arte dixital, dende o ámbito social, económico e por suposto artístico.

A miña formación académica contou sempre cun traballo paralelo como artista. Formei parte ata o día de hoxe en distintas exposicións en calidade de artista, na súa maioría en Galicia, sumado a outras en Mánchester e de caracter online, centrado nas mecánicas sociais do entorno virtual, a economía crypto e as tensións que isto produce

Formación:
-Dourtorado en Belas Artes. 2021-presente. Universidad Complutense de Madrid (Madrid, España).
-Máster en Produción de Arte Contemporánea. 2019-2020. Manchester Metropolitan University (Mánchester, Reino Unido).
-Grado en Bellas Artes. 2013-2018. Universidade de Vigo (Galicia, España).

Premios:
-XI Encontro de artistas novos. 2021. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela, España).
-Xuventude crea. 2º premio en Artes Plásticas (Santiago de Compostela, España).
“XVI Certame de artes plásticas deputación de Ourense”. Selected artist, Marcos Valcárcel cultural center
(Ourense, Spain).

Exposicións colectivas:
-Quartet Art Show. 2022. Holden Gallery (Manchester, Reino Unido).
-Xuventude crea. 2021 (dúas obras seleccionadas, para dúas exposicións consecutivas). Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela, España).
-Certame de Artes Plásticas deputación de Ourense. 2021. Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense, España).
-MAShow 2020. 2020. Exposición online (mashow.mmu.ac.co.uk/2020/)
-Interval. 2020. exposición online.
-Do final e do comezo. 2018. Pazo da Cultura (Pontevedra, España).
-Campus Illa San Simón 2017. 2017. Festival musical Sinsal (Illa de San Simón, Pontevedra, España).
-El pliego/Le pli/A folder. 2017. Sala X (Pontevedra, España), además de outras 17 exposicións simultáneas en 11 países (Argentina, Bélxica, Canadá, Dinamarca, España, U.S.A., Francia, México, Portugal, Serbia, Taiwan).

Experiencia profesional:
-Auxiliar de sala e guía de exposicións. Novembro 2021-presente. Museo MARCO de arte contemporánea (Vigo, España).
-Axudante de investigación e maquetador (bolseiro). Septembro2016-maio 2017. Universidade de Vigo (Vigo, España).

Outros datos de interese:
Coñecementos de alto nivel en procesos de creación e edición de imaxe (fotografía analóxica e dixital, Adobe Suite). Coñecementos de programación Arduino e outros softwares de programación con fines artísticos (Unity, TouchDesigner). Coñecementos en xestión de redes sociais. Coñecementos en tecnoloxía blockchain no ámbito artístico (NFT, portales de compra-venta, etc).

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.