Sandra Parguiña
Sandra Barreiro Parguiña, Caldas de Reis
Pintura Deseño IlustraciónSandra Parguiña é unha deseñadora e artista plástica que se adica principalmente á disciplina do debuxo e a ilustración.
A súa fonte de inspiración atopa raíces no imaxinario do século XIX, período marcado polas longas viaxes intercontinentais, as exploracións e a inquietude polo descubrimento. Sostén o seu discurso na memoria individual e colectiva que nos une como humanidade. Recoñecendo a importancia de reflexionar sobre o pasado para crear un futuro máis consciente. Cada unha das súas obras representa un deliberado acto de divulgación, buscando constantemente deixar unha pegada duradeira no “tapiz” da experiencia humana.
Para a súa obra gústalle construír o seu discurso conceptual a través de textiles e panos, xa sexan pintados á man ou impresos dixitalmente. Considera que este formato é excelente para transmitir mensaxes cheas de contido. Non só poden ser portados, exhibidos e compartidos co mundo exterior, senón que tamén teñen a capacidade de ser preservados e transmitidos entre xeracións. Máis aló da súa utilidade práctica, cada pano pode ser apreciado como unha obra de arte, convidando á contemplación estética.
Actualmente, deseña os seus propios panos de seda para a súa marca persoal. Esta actividade é compaxinada coa escritura da súa tese, cuxa temática está fortemente ligada a este campo.
(2021 – Actualmente) Doutorado en Creación e Investigación de Arte Contemporánea. Universidade de Vigo.
(2017 – 2019) Mestrado en Deseño e Dirección Creativa de Moda. Universidade de Vigo.
(2016 – 2017) Erasmus+ Fotografía e Artes Visuais. T.E.I. ATHENS. Atenas, Grecia.
(2013 – 2017) Grao en Belas Artes. Universidade de Vigo.