Evadiez 72p

Eva Díez

Eva Díez Carrera, Vigo

Vídeo Fotografía Arte conceptual

http://www.evadiez.es
Eva Díez naceu en Vigo, en 1982. Desenvolve e comparte unha procura en torno ao xeito que temos de estar no mundo e a nosa relación coa contorna.
Eva exhibiu en Museos, Feiras e Galerías de arte contemporánea de España, Francia, Portugal ou Brasil. En Galicia exhibiu de forma individual en Casa das Artes en Vigo, no Museo Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense, no Museo de Lugo ou no Museo Municipal de Ourense. A súa produción recibiu recoñecementos como o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2015, o Premio Art Photo Bcn 2015, a axuda de mobilidade do Museo de Arte Contemporánea MAC Gas Natural Fenosa ou o Premio Pilar Citoler ao novo coleccionista pola adquisición do seu último proxecto Lugar de ausencia. O seu traballo editouse de forma individual en 2014 no libro Os que habitan, producido polo Concello de Vigo, e en 2016 no libro Renacer, III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Está representada por Galería Marisa Marimón en Ourense, La Gran en Valladolid e Galería das Salgadeiras en Lisboa.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.