Lucía Romaní
Lucía Romaní Fernández, Ribeira
Activismo artístico Instalación Pintura EsculturaArtista, docente e investigadora. Doutora en Belas Artes pola UVIGO a súa tese xira en torno ás relacións arte e espazo público no contexto galego. Participou en proxectos de investigación como membro do grupo MODO, do Laboratorio Explolab ou do Seminario de Arte Pública da UVIGO, e en proxectos editoriais como a N-550 ou Im-pulsos Creativos. Actualmente, dirixe diversas iniciativas no ámbito educativo e da creación contemporánea como docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na UNIR, labor que compaxina coa súa actividade artística.