Fotograf%c3%ada web a colectiva aldara v%c3%a1zquez

Aldara Vázquez

Aldara Vázquez Estévez, Vigo

Arte conceptual Fotografía Instalación Pintura Escultura Otro

Aldara Vázquez Estévez (Vigo, 2000) é unha artista plástica graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2022), onde obtivo o Premio Extraordinario Fin de Grao (2023) e o Premio Fin de Carreira concedido pola Xunta de Galicia (2023). Posteriormente, ampliou a súa formación académica realizando o Máster en Prácticas Artísticas Contemporáneas (2023) e o Máster en Formación de Profesorado con especialización en Artes Plásticas e Debuxo (2024). Actualmente, atópase inmersa no Programa de Doutoramento en Creación e Investigación na Universidade de Vigo.
//
A obra de Aldara Vázquez afonda na intersección entre o mundo téxtil e a tradición cultural galega, explorando con especial dedicación a revisión dos tecidos e técnicas tradicionais. Movida por este interese, adquiriu destrezas no manexo de distintos teares tradicionais, establecendo un diálogo entre os procesos artesanais e a arte contemporánea. Os materiais téxtiles, cunha carga simbólica vinculada á pertenza, ao corpo e á memoria —tanto persoal como colectiva—, son o vehículo para unha reflexión sobre o pasado, o legado da creación anónima, realizada nas márxes, os límites dos territorios artísticos e o feminismo. A súa obra eríxese como un espazo de pensamento crítico no que tradición e contemporaneidade entrelázanse.
//
Ao longo da súa traxectoria, foi recoñecida con numerosos premios e distincións tanto polas súas investigacións académicas como polas súas creacións artísticas. Entre os galardóns máis salientables figuran o Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao en Axenda 2030 (2022) e o Premio ao Mellor Traballo de Fin de Máster en Axenda 2030 (2024). Así mesmo, obtivo o Premio de Intervención na modalidade de comisariado da Zona C de Santiago de Compostela (2022), o Primeiro Premio dos Premios Culturais de Fotografía da Universidade de Vigo (2022) e o Terceiro Premio do Xuventude Crea na modalidade de fotografía (2024), entre outros. Ademais, participou en diversas exposicións nacionais como Yo expandido (2023) e Meeting Point (2023).

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.