Novas

A Colectiva asina un convenio de colaboración con MAV, Asociación de Mujeres en las Artes Visuales

05 / 11 / 2021

Comprácenos informarvos que, despois de tempo traballando nel, acabamos de asinar un convenio de colaboración entre  A Colectiva e MAV, Asociación de Mujeres en las Artes Visuales.

Prezadas, socias:
 
Comprácenos informarvos que, despois de tempo traballando nel,  acabamos de asinar un convenio de colaboración entre  A Colectiva e MAV, Mujeres en las artes visuales
 
Este convenio establece unha serie de vantaxes para as socias de ambas asociacións, a parte de significar o comezo de vindeiras colaboracións.
 
Nun principio o convenio establecía as condicións para as personas que desearan pertencer as dúas asociaciones de manera simultánea (establecendo un desconto na cuota anual para estos casos), pero no  diálogo entre as Xuntas Directivas acordouse a ampliación dos acuerdos para establecer fines compartidos e posibles actividades ou iniciativas conxuntas para acadalos.
 
::::  Aspectos máis destacados da pertenenza simultánea as dúas asociacións.  
 
Cada asociada nas dúas entidades citadas terá un desconto do 10% en cada unha das cotas ordinarias que se establezan nas respectivas asociacións. O desconto aplicarase no mesmo momento do ingreso das cotas ou inscricións a persoas que manifesten a súa vontade de integración simultánea nas dúas asociacións a partir da data de sinatura deste convenio e nunca de xeito retroactivo. 
 
No momento en que unha persoa interesada manifeste perante unha das asociacións a súa vontade de ingresar nas dúas ou alegando a pertenza á outra para disfrutar dos correspondentes descontos para o ingreso na segunda, @ secretari@ da asociación que reciba a petición porase en contaco co/coa homólog@ da asociación colaboradora para comunicar o inicio da dobre asociación desta persoa interesada e/ou confirmar a súa pertenza á dita asociación. 
 
Cada dobre asociada disfrutará das mesmas vantaxes e servizos que en cada asociación se establezan para asociadas ordinarias (acceso a carnés profesionais, descontos en museos, central de compras, servizos de asesoramento, etc), de xeito que a amplitude destes beneficios compensará o maior esforzo económico conxunto que terá que realizar.

Seguimos!

Asóciate a A Colectiva
Asóciate a MAV

Noticias MAV:
https://mav.org.es/asociate-a-mav-mujeres-en-las-artes-visuales/

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.