Novas

ACACIA OJEA acada o Premio do Xurado Novo

31 / 10 / 2020

Acacia Ojea, integrante de A Colectiva, acadou o Premio do Xurado Novo en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo.

O xurado, composto por Noemí Parga, Miguel García Rivadulla, Cecilia Doforno, Daniel Arana, Laura Calvo e Adrián García Seoane, valorou a peza titulada La bouche, promèner, non, non, non co premio "pola súa textura pictórica, a abstracción sonora, os movementos orgánicos da cámara e a maxia das situacións retratadas, que envolven a escena nunha reflexión sinousa sobre a linguaxe e a aprendizaxe desta dunha forma universal".

O premio consitiu en libros da editorial Estraperlo.

INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, focaliza a súa programación en obras creadas por artistas no cruzamento da arte contemporánea e o cine de vangarda, que manexan tanto códigos estéticos coma linguaxes e procesos de creación innovadores. Esta programación complétase con actividades de xeración e transferencia de coñecemento, de encontro e formación profesional, e de diálogo aberto cos diversos públicos, como obradoiros para adultos e nenos, masterclasses de artistas, mesas redondas, presentacións, conferencias, encontros co público, performances ou concertos.

Fonte principal e máis información: https://interseccion.gal/

Fotograma de "La bouche, promèner, non, non, non" ©Acacia Ojea
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.