Novas

Convenio coa Universidade de Vigo e Facultade de Belas Artes

27 / 02 / 2026

A asociación AColectiva anuncia a sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo), co obxectivo de establecer un marco de cooperación estable que favoreza o desenvolvemento de proxectos conxuntos de carácter académico, cultural e investigador.

Obxecto do convenio

O propósito deste convenio é realizar actividades e proxectos de interese común para ambas institucións. Entre as liñas de colaboración inclúense:

  • Desenvolvemento de proxectos de investigación.
  • Organización e realización de actividades académicas: cursos, conferencias, simposios ou seminarios.
  • Descontos para persoas socias da asociación e membros da comunidade universitaria en actividades organizadas por cada unha das entidades.
  • Apoio a investigadores/as e estudantes.
  • Intercambio de publicacións, traballos de investigación e materiais académicos de interese.
  • Colaboración en proxectos culturais de interese común.
  • Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da sociedade.
  • Mobilidade de estudantes e persoal docente.
  • Desenvolvemento doutras accións de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e conforme á normativa vixente.
  • Defensa dos dereitos das egresadas en Belas Artes e impulso á profesionalización do sector da arte contemporánea.

Presentación das persoas en prácticas

No marco deste convenio, AColectiva incorpora alumnado en prácticas procedente da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

  • Andrea Mosquera Guerrero
  • Goa Vázquez
  • Ise Rodríguez Mascato
  • Martina Migliarini da Costa
  • Mónica Lago
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.