Novas

Convenio UVIGO: Prácticas en A Colectiva

02 / 03 / 2026

Grazas ao convenio asinado coa Uvigo, temos a gran sorte de dárllela benvida á nosa equipa a 5 artistas, estudantes do Mestrado en Creación Artística Contemporánea na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realizarán labores de apoio na Xestión e Comunicación da Asociación, ademais de Asistencias artísticas a 2 artistas membro da Colectiva.

Andrea Mosquera Guerrero

Andrea Mosquera Guerrero (Ourense, 1994) é artista plástica e performer. A súa práctica é multidisciplinar e integra performance, escultura, intervencións site-specific e fotografía, entre outras linguaxes artísticas. Ademais do seu proxecto individual, forma parte do Colectivo Límites e do Colectivo Arte.Facto, onde desenvolve traballo no ámbito da xestión cultural e o comisariado.

Formación:
Graduade en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Actualmente cursa o Máster en Creación Artística Contemporánea na UVigo.
Funcións en prácticas:
Xestión administrativa, Coordinación de proxectos culturais e artísticos.

Goa Vázquez

Goa Vázquez (2002) é unha artista galega cuxa práctica se centra na pintura abstracta en colaboración co medio natural.
Formación:
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Actualmente cursa o Máster en Creación Artística Contemporánea na Universidade de Vigo.
Funcións en prácticas:
Asistencia artística do artista asociado Carlos Fer, Apoio en tarefas de produción, Colaboración nos procesos de creación e desenvolvemento profesional.

Ise Rodríguez Mascato

Ise Rodríguez Mascato (O Grove, 2001) é une artista visual que traballa principalmente desde a pintura e as prácticas instalativas. A súa investigación céntrase nas identidades LGTB+, os tabús asociados á sexualidade, a memoria queer e as problemáticas que atravesan a mocidade contemporánea.
Formación:
Graduade en Belas Artes pola Universidade de Vigo..
Máster de Profesorado en ESO, Bacharelato e FP.
Actualmente cursa o Máster en Creación Artística Contemporánea na UVigo.
Funcións en prácticas:
Asistencia artística da artista asociada Patricia Fornos, Apoio na redacción de textos, Colaboración en tarefas de produción e desenvolvemento de proxectos.

Martina Migliarini da Costa

Martina Migliarini da Costa (2002) é unha artista multidisciplinar viguesa cuxos intereses artísticos inclúen a ilustración, o gravado e a performance.
Formación:
Graduada en Belas Artes.
Actualmente cursa o Máster en Creación Artística Contemporánea na UVigo.
Funcións en prácticas:
Apoio en tarefas de deseño gráfico, Maquetación de publicacións e materiais.

Mónica Lago

Mónica Lago (1999) é unha artista que traballa principalmente con escultura, instalación, fotografía e vídeo. Ao longo da súa traxectoria participou en proxectos colectivos, colaboracións e residencias artísticas.
Formación:
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo
Técnica superior en Artes Plásticas e Deseño na especialidade de Escultura Aplicada ao Espectáculo pola Escuela de Artes de Oviedo.
Actualmente cursa o Máster en Creación Artística Contemporánea na Universidade de Vigo.
Funcións en prácticas:
Apoio na área de comunicación, Creación de contidos e difusión.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.