Novas

Mauro Trastoy acada o Premio Isaac Díaz Pardo

24 / 01 / 2020

O noso asociado Mauro Trastoy recolleu o premio Isaac Díaz Pardo das Artes Plásticas da Deputación da Coruña 2020 pola súa obra titulada “7”.

O xurado valorou a gran calidade e como comentaron: “e o resultado dunha singular investigación e experimentación con técnicas relacionadas coa trama e a urda e o quefacer artesanal para facer unha pintura sen pintura".

Sobre a propia obra, Mauro relátanos:

  • Partíndo de procesos artesanais elaboro esculturas e formas a partir de xestos mínimos repetidos unha e outra vez (cortar, atar, pegar...). A contínua incorporación de novas técnicas e materiais ofrecen sempre novas solucións (cerámica, cestería, ourivería…). Ultimamente experimento con técnicas relacionadas coa trama e a urda (tear, bordado, gancho, calceta...).
A obra “7” presentada ao XVI Certamen Isaac Díaz Pardo está realizada con la sobre tea de saco coa técnica chamada “bodoque” – bordado en relieve de forma redonda– cubríndo case toda a superficie do cadro.

Parabéns Mauro!

Para mais información:
https://trastoy.com/bio
http://acolectiva.org/asociados_as/trastoy

Obra en itinerancia:
https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/isaac-diaz-pardo

"7" (detalle) ©Mauro Trastoy
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.