#NONNOSCANCELES
06 / 04 / 2020
Por favor, somos traballadores culturais, non nos canceles!
Amosamos o noso apoio a traballadores e traballadoras do sector cultural e promovemos nas redes a campaña #nonnoscanceles.
Unha campaña dirixida de maneira especial ás institucións programadoras para que manteñan as programacións previstas e non contribúan a acrecentar a crise que xa estamos a padecer.
Como traballador@s culturais sumámonos:
#nonnoscanceles
A cultura é un dos motores do mundo, movámoslo xunt@s.
#arte #acolectiva #cultura #artegalego#culturacomomotor