PUNTOS DE RECOLLIDA: PEGATINAS CARNET DE ARTISTA
25 / 02 / 2026
Este ano contamos coa colaboración da Fundación Luís Seoane, Museo Provincial de Lugo, MARCO e CGAC
Unha das vantaxes de asociarse é dispoñer do Carnet de Artista, avalado pola Unión de Artistas Contemporáneos e pola IAA (International Artists Association). Para manter a súa vixencia, é preciso incorporar anualmente a correspondente pegatina holográfica, que certifica a súa renovación.
Co obxectivo de facilitar este proceso, este ano habilitamos varios puntos de recollida en centros culturais de referencia en Galicia, permitindo ás persoas asociadas acceder á súa pegatina de maneira cómoda e descentralizada:
CGAC – Santiago de Compostela
Martes a domingo, de 11:00 a 20:00
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo – Vigo
Martes a sábado, de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00
Domingo, de 11:00 a 14:30
Fundación Luís Seoane – A Coruña
Martes a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
Museo Provincial de Lugo – Lugo
Martes a sábado, de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30
Domingo, de 10:00 a 15:00
As persoas que seleccionaron algún destes puntos a través do formulario enviado poden pasar a recollela nos horarios indicados.
Queremos expresar o noso agradecemento aos centros colaboradores por facilitarnos os seus espazos e por apoiar esta iniciativa, que contribúe a reforzar e visibilizar a comunidade artística no noso territorio.