Xesta Asesoría ofrece asesoramento fiscal e xurídico ás persoas socias da Colectiva
21 / 06 / 2024
Asesoría Xesta e A Colectiva asinan un convenio de colaboración que busca cubrir unha das demandas máis habituais das profesionais das artes plásticas.
Este novo convenio de colaboración entre A Colectiva e a Asesoría Xesta busca ofrecer solución ás dúbidas máis habituais sobre asesoramento fiscal e xurídico no noso sector, para o que contan cun equipo especializado en artistas e artesáns.
A través deste convenio de colaboración, todas as persoas asociadas á Colectiva gozarán de:
-Cinco consultas gratuítas ao ano, nas áreas Tributaria - Fiscal, Contabilidade, e Obrigas de Carácter Xeral.
-5% de desconto, en todos os servizos.
-Un relatorio anual sobre un dos temas máis consultados polas persoas asociadas.
Tendes toda a información ao respecto e como facer uso desta nova colaboración na Lista de Correo.
Máis información sobre Xesta Asesoría